mércores, 8 de abril de 2026

Exploradores e exploradoras dos océanos




Neste vídeo compartimos o resultado final do noso proxecto sobre os océanos.

Cada alumno e alumna presenta, en lingua galega, unha parte dos océanos Atlántico, Pacífico ou Índico que traballamos na aula, explicando algunhas das características destes lugares do planeta.

Un pequeno achegamento ao mundo dos océanos a través da expresión oral e do coñecemento do medio.

Esperamos que vos guste!

luns, 16 de marzo de 2026

Rosalía en titulares

Aquí estamos de novo! 

Presentámosvos este programa de radio que fixemos durante a semana de Rosalía de Castro.

Esperamos que vos guste!


 

luns, 15 de decembro de 2025

Os monumentos de Londres en Stop Motion

 


Hoxe presentámosvos este vídeo que fixemos en Proxecto Competencial, utilizando a técnica "stop motion".

Esperamos que vos guste!

mércores, 3 de decembro de 2025

Inauguramos o blog coas Postais Sonoras Viaxeiras!

Ola a toda a nosa comunidade de viaxeiros/as!

Desde hoxe, a Tripulación Exploradora de 2º de Primaria do colexio Sárdoma-Moledo pon rumbo á aventura!

Este blog, a nosa "Expedición Sárdoma", será o noso Caderno de Bitácora dixital. Aquí iremos documentando a nosa incrible volta ao mundo.

Un espazo onde compartir os nosos descubrimentos, mostrar as nosas aprendizaxes e aprender con vós!


A PRIMEIRA MISIÓN CUMPRIDA!

Para abrir a nosa viaxe, a tripulación xa se puxo en contacto desde diferentes puntos do planeta. Compartimos con vós o noso primeiro traballo: o vídeo das Postais Sonoras Viaxeiras.

Escoitade as voces do mundo e descubrir que países xa temos no noso mapa!

Cal será a nosa próxima parada?



Xogando ao xadrez na escola!

  Fai clic na imaxe para xogar ao xadrez en liña en lichess.org